Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36680

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 571/2017-SBR).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 571/2017 desta sección, seguido por instancia de Activa Mutua 2008, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social nº 3, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ignacio Barreira Gesteira, Verín Hor, S.L., H. del Deva UTE Conso, Industrias Carrajo, S.A., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación legal de Activa Mutua 2008, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da seguridade social nº 3, contra a Sentenza do 11 de outubro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos nº 490/2016, promovidos por Activa Mutua contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ignacio Barreira Gesteira, Industrias Carrajo, S.A., Verin Hor, S.L., H del Deva UTE Conso, sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, debemos confirmar a sentenza. Sen custas.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Carrajo, S.A., Verín Hor, S.L., H del Deva UTE Conso, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza