Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 12 de xullo de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transporte terrestre devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00005-O-2017 e seis máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número DX-00005-I-2017 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe, conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00005-I-2017

Mediador

Adom Reparte, S.L.

B09340225

A contratación de servizos de transporte por parte de transportistas ou calquera outro profesional do transporte con transportistas ou operadores de transporte non autorizados.

23.11.2016; 10.21.26; AC-301; 0

Art. 140.17 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

DX-00267-I-2016

Obstrución

Transportes Castiñeira, S.A.

A15010192

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

7.7.2016; 10.35

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-00148-O-2017

0190-HTH

Transportes Florentino Pérez, S.L.

B27468669

Non levar inserido no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

9.1.2017; 16.13; A6; 507,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-02234-O-2016

1522-JLR

Trabegons, S.L.

B36177087

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

9.11.2016; 18.45; A6; 479,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-03864-O-2016

5322-BXW

Tomiñesa de Excavaciones y Transportes

B94084415

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

30.5.2016; 18.36; A55; 24,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-04548-O-2016

3849-JBY

Edentar Logistic, S.L.U.

B87359329

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA até 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 29 %.

23.8.2016; 7.45; A52; 301,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.800 euros

XC-02863-O-2016

3660-DWK

Altruanis, S.L.

B70380464

Realizar transporte público de mercadorías carecendo do título habilitante.

8.10.2016; 9.10; AC840; 30,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros