Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (915/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 915/2014 por instancia de Antonio Figuerias Castro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Gráfico Galaico, S.A. e Speed Impresores, S.L., sobre xubilación, nos cales se ditou sentenza en data 3 de xullo de 2017, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Antonio Figuerias Castro fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as empresas Gráfico Galaico, S.A. e Speed Impresores, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase a existencia de infracotización por parte das empresas Gráfico Galaico, S.A. e Speed Impresores, S.L., no aboamento da pensión de xubilación de Antonio Figuerias Castro, e condeno estas, en proporción aos seus respectivos incumprimentos, ao aboamento da diferenza na pensión de xubilación de Antonio Figuerias Castro, a cal debe establecerse conforme unha base reguladora de 886,72 euros, nunha contía de 984,26 euros, con obriga de anticipo das entidades xestoras demandadas.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Gráfico Galaico, S.A. e Speed Impresores, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de xullo de 2017

A secretaria xudicial