Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36325

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade da sentenza 252/2017, no P.O. 4557/2013 (expediente planeamento urbanístico 2012009669).

Auto da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 252/2017, do 18 de maio de 2017.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento ordinario 4557/2013 contra acordo do Pleno do Concello de Ourense do 7 de xuño de 2013 que aprobou definitivamente o estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011 da Xunta de Galicia, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, interposto por Xardín das Burgas, S.A., ditouse sentenza 252/2017, do 18 de maio, pola que se considera parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto.

Polo tanto, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentenza, resólvese dar publicidade á súa parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Por todo o exposto, esta sala decidiu estimar o recurso contencioso-administrativo interposto en nome e representación de Xardín das Burgas, S.A. contra acordo do Pleno do Concello de Ourense, adoptado en sesión ordinaria do 7 de xuño de 2013 que aproba definitivamente o estudo de detalle da Área de Intervención AI 10 do Decreto 187/2011 que se anula e deixa sen efecto polas razóns indicadas.

Impóñense as custas do procedemento nos termos anteditos.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo ben ante a correspondente sección desta sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que se deberá preparar mediante escrito e presentar nesta sala no prazo de trinta días e cumprir os requisitos indicados no artigo 89.2 da dita lei».

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 8 de xuño de 2017 no punto 2 da orde do día acordou non recorrer contra a sentenza.

Ourense, 4 de xullo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente