Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36327

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

ANUNCIO de modificación do anuncio de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea, para pemes.

Camara.pdf

Contido: publicado o devandito anuncio no día 17 de xullo no DOG número 135 cómpre facer as seguintes modificacións:

Na páxina 34443, onde di:

1. Misión comercial a Canadá, sector naval e servizos relacionados con ese sector (entre o 3 e 13 de setembro de 2017). A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 25 de agosto 2017.

2. Misión comercial a China, multisectorial (entre o 11 e 19 de novembro de 2017). A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 31 de outubro de 2017.

3. Misión comercial a México, sectores editorial e libros, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro (entre o 22 de novembro e 2 de decembro de 2017). A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 10 de novembro 2017.

Debe dicir:

1. Misión comercial a Canadá, sector naval e servizos relacionados con ese sector: entre o 3 e 13 de setembro de 2017. A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 14 de agosto de 2017.

2. Misión comercial a China, multisectorial: entre o 11 e 19 de novembro de 2017. A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 13 de outubro de 2017.

3. Misión comercial a México, sectores editorial e libros, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro: entre o 22 de novembro e 2 de decembro. A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 31 de outubro de 2017.

Na páxina 34445, onde di:

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese tras a publicación deste anuncio, o día 20 de xullo, e finalizará o día 25 de agosto de 2017 para a misión sector naval e auxiliar a Canadá, o día 31 de outubro de 2017 para a misión comercial multisectorial a China e o día 10 de novembro de 2017 para a misión comercial a México, sectores editorial e libro, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro.

Debe dicir:

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese tras a publicación deste anuncio, o día 20 de xullo, e finalizará o día 14 de agosto de 2017 para a misión sector naval e auxiliar a Canadá, o día 13 de outubro 2017 para a misión comercial multisectorial a China e o día 31 de outubro de 2017 para a misión comercial a México, sector editorial e libro, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro.

• Inserción de logos. A maiores insértanse os logos da Unión Europea, a Cámara de Comercio de España e a Cámara de Comercio da Coruña e as lendas do pé de páxina de «Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional» e de «Unha maneira de facer Europa».

A Coruña, 21 de xullo de 2017

Gonzalo Ortiz Amor
Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria,
Servizos e Navegación da Coruña

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa