Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36329

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa

ANUNCIO de disposición de creación, modificación ou supresión de ficheiros de datos de carácter persoal do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, prevé que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Para tales efectos, en cumprimento do citado precepto legal o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa resolveu mediante acordo do seu pleno:

Primeiro. Publicar no DOG os enlaces á publicación do anuncio da creación, modificación ou supresión dos citados ficheiros, nos boletíns oficiais provinciais de:

A Coruña 239 (20.12.2016):

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/12/20/2016_0000010270.pdf

Pontevedra 238 (15.12.2016):

http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/12/15/2016043549

Lugo 290 (20.12.2016): http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_15065_1.pdf

Segundo. Solicitar da Agencia Española de Protección de Datos, unha vez efectuada a publicación á que se refire o punto anterior, que proceda á inscrición dos ficheiros no Rexistro de Protección de Datos.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Melide, 17 de marzo de 2017

Xosé Luís Carrera Valín
Presidente do Consello Regulador da Denominación
de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa