Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xullo de 2017 pola que se notifica o traslado do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística (PON/283/2016) e da orde de suspensión de obras (PON/283/2016-S1) derivado do expediente PON/283/2016, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, mediante resolucións do 6 de outubro de 2016, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no camiño de Feitales, barrio de Xermaña, parroquia de Panxón, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra, e ordenar a suspensión inmediata das obras descritas.

Realizada unha nova consulta no catastro o 6.6.2017, figura como titular catastral a entidade Patrimonial Vigo, S.L. e, en consecuencia, procede dar traslado das devanditas resolucións a Patrimonial Vigo, S.L. (adm. única Carmen Rodríguez Álvarez), como interesada neste procedemiento.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquelas resolucións a Patrimonial Vigo, S.L. (adm. única Carmen Rodríguez Álvarez), mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada as devanditas resolucións por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos non se publican na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro das resolucións que se notifican encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística, a interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase que esta resolución pon fin á vía administrativa, e a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística