Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se publica o acordo polo que se somete a información pública o proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A Consellería de Política Social está a tramitar o proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Segundo. O texto do proxecto de orde poderá consultarse no Portal de transparencia da Xunta de Galicia: https://transparencia.xunta.gal/teme/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de orde a través do formulario disposto para este fin no enlace do Portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio ou mediante a presentación de escrito, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social