Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35873

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (2/2016).

Procedemento ordinario (PO) 2/2016

Sobre: ordinario

Demandante: Cipriano Sanjurjo Rioboo

Avogada: Antía Muruzábal Pérez

Demandados: Talleres Mandin, S.L., Administración Concursal de Talleres Mandin, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 2/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cipriano Sanjurjo Rioboo contra Talleres Mandin, S.L., Administración Concursal de Talleres Mandin, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Cipriano Sanjurjo Rioboo contra a entidade Talleres Mandin, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Talleres Mandin, S.L. e a súa administración concursal a que lle aboe ao demandante a cantidade de 18.914,97 € por indemnización por despedimento.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza o pronuncia, manda e asina a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5 Pilar Carreira Vidal».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Talleres Mandin, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza