A sociedade cooperativa agraria Coelplan, S. Coop. Galega, domiciliada no lugar do Cereixal, s/n, Becerreá (Lugo), CIF F27007277, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, comunica que en asemblea xeral ordinaria da cooperativa, do 24 xuño de 2017, acordou a fusión, por absorción, da cooperativa coa cooperativa de segundo grao Aira, S. Coop. Galega, mediante a transformación desta en cooperativa de primeiro grao, resultando esta última a sociedade absorbente. A cooperativa resultante denominarase Aira, S. Coop. Galega.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Becerreá, 17 de xullo de 2017
Eladio Sánchez López
Presidente de Coelplan, S. Coop. Galega