Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35957

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Aira, S.Coop.Galega

ANUNCIO.

A sociedade cooperativa agraria de segundo grao Aira, S. Coop. Galega, con domicilio no parque empresarial de Taboada, s/n, Taboada (Lugo), CIF F27317593, comunica, en cumprimento do artigo 79 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, que en asemblea xeral ordinaria, do 30 de xuño de 2017, acordou transformarse de cooperativa de segundo grao en cooperativa de primeiro grao, acordando a continuación a fusión, por absorción, das cooperativas socias, Agris, S. Coop. Galega; Coelplan, S. Coop. Galega; Cogasar, S. Coop. Galega e Icos, S. Coop. Galega, resultando estas últimas as sociedades absorbidas. A cooperativa resultante denominarase Aira, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Taboada, 20 de xullo de 2017

Pedro Barrio Vázquez
Presidente de Aira, S. Coop. Galega