Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35954

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui

ANUNCIO da convocatoria para a participación na misión comercial a Reino Unido.

A Cámara de Comercio de Tui, anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, da misión comercial ao Reino Unido do 4 ao 7 de setembro de 2017.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión a exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria está á disposición das empresas na sede da Cámara de Comercio de Tui. Rúa Augusto G. Besada, 15-1º, 36700 Tui. Ademais, pode consultarse a través da web www.camaratui.com

Cuarto. Contía

A contía máxima das axudas que se outorgarán con cargo a esta convocatoria para o período 2014-2020 é de 700 euros en concepto de bolsa de viaxe. As axudas serán cofinanciadas unha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo á empresa participante.

Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese o día seguinte ao da publicación deste anuncio e finalizará o día 21 de agosto de 2017. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse da web www.camaratui.com

Tui, 6 de xullo de 2017

Gumersindo Alonso Gestoso
Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui

missing image file