A Cámara de Comercio de Tui, anuncia a apertura da convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, da misión comercial a Dinamarca do 3 ao 6 de outubro de 2017.
Primeiro. Beneficiarios
Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co o obxectivo de mellorar a propensión a exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.
Terceiro. Convocatoria
O texto completo da convocatoria está a disposición das empresas na sede da Cámara de Comercio de Tui. Rúa Augusto G. Besada, 15-1º, 36700 Tui. Ademais, pode consultarse a través da web www.camaratui.com
Cuarto. Contía
A contía máxima das axudas que se outorgarán con cargo a esta convocatoria para o período 2014-2020 é de 2.600 euros en concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo á empresa participante.
Quinto. Prazo de presentación das solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes ábrese o día seguinte ao da publicación deste anuncio e finalizará o día 21 de agosto de 2017. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse da web www.camaratui.com
Tui, 6 de xullo de 2017
Gumersindo Alonso Gestoso
Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui