Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de deseño, organización e execución do VII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia tramitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de maio de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: organización e execución do VII Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia cuxa finalidade é ofrecer un programa concreto e atractivo para o/a xogador/a e colectivo sénior, tendo en conta a importancia que comporta a imaxe do destino turístico Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 57.851,24 €.

IVE (21 %): 12.148,76 €.

Importe total IVE incluído: 70.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

28 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato:

3 de xullo de 2017.

c) Adxudicataria:

UTE Desarrollo Golfístico Gallego, S.L./Gallega de Gestión Ambiental, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 57.272,73 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia