1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/PA/0071.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a contratación do servizo de implantación e posta en funcionamento dos proxectos tecnolóxicos no eido da xestión ambiental, consistente na coordinación, xestión, seguimento e monitorización das actividades e proxectos incluídos no Plan tecnolóxico de modernización da xestión ambiental en Galicia.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contado a partir do 1 de decembro de 2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 12 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado: 78.099,17 € (sen IVE).
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 78.099,17 € máis 16.400,83 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 94.500,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:
2017: 6.508,24 € + IVE (1.366,73 €) = 7.874,97 €.
2018: 71.590,93 € + IVE (15.034,10 €) = 86.625,03 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=186784.
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
• Entidade: Rexistro da Amtega.
• Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia