Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras para a rehabilitación da cuberta xeral e das instalacións comúns de dez VPP e a rehabilitación integral de dúas VPP na rúa das Longas, número 25 ao 43, en Cerdedo (expediente PO-2008/NR 01 fase 1).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación da cuberta xeral, das instalacións comúns e de rehabilitación integral de vivendas de promoción pública.

b) Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: trescentos vinte e un mil un euros con trinta e un céntimos (321.001,31 euros), IVE excluído.

b) IVE (21 %): trinta e dous mil cen euros con trece céntimos (32.100,13 euros).

c) Importe total: trescentos cincuenta e tres mil cento un euros con corenta e catro céntimos (353.101,44 euros).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación:

O PCAP e o prego de prescricións técnicas polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación nos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) e consultarse na páxina da internet: http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=187158. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas e criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio:

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo