Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para o desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción dos produtos cárnicos de orixe galega (expediente 14/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria para promover o consumo dos produtos cárnicos de orixe galega durante o ano 2017.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=115733

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 51, do 14 de marzo de 2017.

e) División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 190.082,64 €; IVE (21 %): 39.917,35 €. Importe total: 230.000 €.

Valor estimado: 190.082,64 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 9 de xuño de 2017.

b) Adxudicataria: Idea, Creatividad y Comunicación, S.L.

c) Importe: 226.843,13 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumpre con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural