Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 30 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada (expediente BS626F15030077416 e un máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, publícanse mediante este edicto as notificacións das resolucións de recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas no anexo ao seren devoltas polo servizo de Correos, toda vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme ao disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, no prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, os/as interesados/as ou os/as seus/súas representantes poderán comparecer na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da resolución e o resto do expediente.

A Coruña, 30 de maio de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Data

Mª Isabel Jiménez Borja

54126776W

BS626F15030077416

Recurso de alzada desestimado

23.3.2017

Gina Paola Otoya Quiñones

49682763A

BS626F15030058915

Recurso de alzada desestimado

4.4.2017