O 6 de xuño de 2017 a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017246TA-PO contra Vigo Hostelería Noche, S.L., con CIF B27810894, como titular do establecimiento Club Cisne.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Vigo Hostelería Noche, S.L. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1 a) da Lei 39/2015.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 4 de xullo de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 2017246TA-PO.
Denunciado: Vigo Hostelería Noche, S.L., con CIF B27810894.
Último enderezo coñecido: avda. Hispanidade 55, 36203 Vigo.
Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Preceptos presuntamente infrinxidos:
Artigo 7: «Prohíbese fumar, ademais de naqueles lugares ou espazos definidos na normativa das comunidades autónomas, en:
u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).