Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo para as campañas de publicidade do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural -Feader- (expediente 7/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver as campañas 2017 e 2018 de información e promoción do Programa de desenvolvemento rural (PDR), que se deben levar a cabo en cumprimento das obrigas previstas na normativa comunitaria.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=108786

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 8 de febreiro, BOE do 27 de febreiro e DOG do 15 de febreiro de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto, aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 416.000,00 €; IVE (21 %): 87.360,00 €. Importe total: 503.360,00 €.

Valor estimado: 416,000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado ao 75 % con fondos Feader (medida 20, asistencia técnica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020), nun 7,50 % con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 11 de maio de 2017.

b) Adxudicataria: Ingenio Media, S.L.

c) Importe: 409.882,36 € (sen IVE); IVE 21 %: 86.075,30 €. Importe total: 495.957,66 €.

d) Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: presentou a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración e cumpre coas condicións establecidas nos pregos.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural