Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35608

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia das táboas salariais para o ano 2017 do convenio de Nea F3 Ibérica, S.L.U.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2017, que se subscribiu entre a representación empresarial e os representantes dos traballadores na xuntanza que tivo lugar o 22 de maio de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta de acordo da comisión negociadora do convenio de Nea F3 Ibérica, S.L.U.

Vigo, 22 de maio de 2017.

Reunidos:

Por parte da empresa, Manuel Rivas Sabugueiro.

Pola representación dos traballadores, Juan Miguel Varela de la Torre, Modesto Martínez Montes, José Juan Vázquez López, José Ventura Veira Mosquera, Fernando Barcia Pérez, Ángel Manuel Gallego Romero.

Expoñen:

Que tras varias reunións entre as partes da comisión negociadora do Convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U. se chegou ao seguinte acordo definitivo:

Primeiro. Incremento salarial

Ambas as dúas partes acordan para o exercicio 2017 un incremento salarial do 1,5 por cento, aplicable a todas as categorías profesionais nos conceptos: «salario base integrado, pagas extras, condicións adquiridas máis beneficiosas actualizables e condicións adquiridas máis beneficiosas non actualizables». O incremento durante o ano 2017 da condición adquirida máis beneficiosa non actualizable non implica a perda da súa condición non actualizable, non xera dereitos futuros nin obriga a empresa a realizar incrementos no dito concepto en anos posteriores.

Establécese a seguinte táboa salarial con efectos desde o 1 de xaneiro de 2017:

Categoría

Salario base ano 2017 (16 pagas)

Grupo prof. 0

21.019,18 €

Grupo prof. I

18.480,91 €

Grupo prof. II

16.074,52 €

Grupo prof. III

15.340,18 €

Grupo prof. IV

15.102,84 €

Grupo prof. V

14.629,46 €

Grupo prof. VI

14.387,37 €

Grupo prof. VII

14.182,34 €

Segundo. Incremento adicional

Adicionalmente establécese un incremento salarial do 0,7 por cento, no exercicio 2017, para os traballadores cuxos ingresos no ano 2016 fosen iguais ou inferiores a 17.000 € (dezasete mil euros brutos), coa condición de que prestasen servizos durante todo o ano 2016. Considérase para avaliar este límite salarial a suma dos seguintes conceptos: «salario base, pagas extras, condicións adquiridas máis beneficiosa actualizable, condición adquirida máis beneficiosa non actualizable e comisións».

Este incremento do 0,7 por cento salarial aplicarase exclusivamente sobre os seguintes conceptos salariais:

• Salario base integrado.

• Pagas extras.

• Condicións adquiridas máis beneficiosas actualizables.

• Condicións adquiridas máis beneficiosas non actualizables.

O dito incremento adicional realizarase da seguinte forma:

• Por unha banda, incrementarase un 0,7 por cento adicional calculado sobre a condición adquirida máis beneficiosas non actualizable incrementado este importe no dito concepto salarial.

• E doutra banda calcularase o incremento do 0,7 por cento adicional calculado sobre o salario base integrado, pagas extras e da condición adquirida máis beneficiosa actualizable, aplicando este importe sobre o complemento de condición adquirida máis beneficiosa actualizable.

Terceiro. Devindicación de atrasos

Ambas as dúas partes acordan que os atrasos devindicados pola sinatura do presente acordo aboarállelos a empresa aos traballadores coa mensualidade do mes de maio de 2017.

Cuarto. Prima de obxectivos

Establécese unha prima por obxectivos, no exercicio 2017, para aqueles traballadores cuxos ingresos fosen superiores a 17.000 euros (dezasete mil euros brutos) durante o ano 2016. A dita prima efectuarase nun único pagamento e terá carácter non consolidable o equivalente. Consideraranse para avaliar este límite salarial os seguintes conceptos: «salario base integrado, pagas extra, condición adquirida máis beneficiosa actualizable, condición adquirida máis beneficiosa non actualizable e comisións».

O importe da prima será polo importe do 0,4 por cento do salario base integrado, pagas extras, condición adquirida máis beneficiosa actualizable e condición adquirida máis beneficiosa non actualizable (calculado sobre importes salariais de 2017). Será condición indispensable para que se aboe esta prima alcanzar o seguinte obxectivo:

Que o beneficio despois de impostos do exercicio 2017 sexa igual ou superior a 700.000 euros.

Se se alcanza o citado obxectivo, a empresa aboará esta prima xunto coa nómina do mes de abril do ano 2018.

Quinto. Rexistro do acordo

As partes facultan expresamente a Manuel Rivas Sabugueiro para que realice os trámites necesarios para a inscrición, rexistro e publicación dos presentes acordos no DOG, incluída a presentación telemática ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, Subdirección Xeral de Relacións Laborais (Rexcon).

O que así subscriben as partes no lugar e data arriba indicados.

Asdo.: Juan Miguel Varela de la Torre, Modesto Martínez Montes, José Juan Vázquez López, José Ventura Veira Mosquera, Fernando Barcia Pérez, Ángel M. Gallego Romero, Manuel Rivas Sabugueiro.