Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (884/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 884/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Fuentes Seoane contra Forjas de Santiago, S.L., Salustino Velo Sabín, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, ditouse Sentenza de data 20 de xuño de 2017, cuxo encabezamento e fallo son do tenor literal seguinte:

«Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número ut supra indicado, promovidos por José Fuentes Seoane –representado pola letrada Ángeles Cancela Regueiro– fronte á entidade Forjas de Santiago, S.L., a súa administración concursal, na persoa de Salustiano Velo Sabín –incomparecidos, ambos os dous, ao acto de xuízo, non obstante a súa citación en forma– e o Fogasa –representado polo letrado Alejandro Crespi Rodríguez– pronunciou, en nome de o rei, a seguinte resolución:

Fallo:

1. Que, estimando integramente a demanda interposta por José Fuentes Seoane en canto se dirixiu contra o Fogasa, debo condenalo e o condeno a que lle aboe a cantidade de 5.986,4 €.

2. Que, desestimándoa, tamén de modo íntegro, en canto se dirixiu contra a entidade Forjas de Santiago, S.L., e a súa administración concursal, debo absolvelos e absólvoos dos pedimentos articulados na súa contra.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos, levando o orixinal ao libro de sentenzas. Notifíqueselle ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este órgano xurisdicional no termo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Forjas de Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza