Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 27 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Barbeiros-Vilamaior II (Ordes-A Coruña).

O director xeral de Desenvolvemento Rural, con data do 27 de xuño, ditou a resolución que se transcribe a seguir:

«A concentración parcelaria da zona de Barbeiros-Vilamaior II (Ordes-A Coruña) foi declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 517, do 14 de novembro de 1990 (DOG do 26 de novembro).

O acordo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias con data do 7 de agosto 2007 e notificado e publicado na forma legalmente prevista.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Ordes solicitou a cesión da titularidade dos predios para os fins que se indican a seguir:

– Predios nº 58-2, 175, 355, 628, 728, 799, 853, 882-2, 1029 e 1153 para carga e descarga de madeira.

– Predios nº 309, 217-2, 553, 640-2 e 989-1 para punto de captación de auga.

– Predios nº 405, 408 e 419-2 para áreas recreativas.

– Predios nº 1093 para parcela de prácticas agroforestais.

Vista a proposta da Xunta Local de Zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Barbeiros-Vilamaior II (Ordes-A Coruña) e adxudicar ao Concello de Ordes a titularidade dos predios nº 58-2, 175, 217-2, 355, 405, 408, 553, 628, 640-2, 799, 882-2, 1029, 1093, 1153, 989-1, 419-2, 853-2 e nº 309-1, que causan baixa no fondo de terras da zona, para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. O predio nº 309-1 de 1.500 m2, procede da segregación do primitivo predio nº 309, cuxa restante superficie (11.611 m2) permanece no fondo de terras da zona como predio nº 309-2.

3. Denegar a atribución do predio nº 728, dado que non pertence ao fondo de terras da zona ao ser adxudicada –no seu momento– a outro propietario.

4. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

5. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Ordes».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 11 de xullo de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña