Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento da concesión directa de explotación denominado As Millaras número 5259, en Porqueira (Ourense).

A Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria comunica que o director xeral de Enerxía e Minas outorgou a Limia Xestión, Sociedade Cooperativa Galega a concesión directa da explotación que a seguir se describe:

Nome: As Millaras.

Número de expediente: 5259.

Recurso: sección C (areas).

Termo municipal: Porqueira.

Titular: Limia Xestión, Sociedade Cooperativa Galega.

Superficie: 4 cuadrículas.

O que se fai público para o coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 26 de xuño de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense