Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións correspondentes aos expedientes de reintegro de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 14 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), intentada a notificación das resolucións de reintegro no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10 días), contado desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolles de que, de non facelo así se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 11 de xullo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

1. Nº de expediente de reintegro: Reint. 2016/102-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2014/034-5.

Nome: Suárez Selave, Mª Alejandra.

NIF: 54430225N.

Último enderezo coñecido: rúa Príncipe, nº 22, 2º, porta 41, 36202 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 14 de maio de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 12.b), da devandita Orde do 14 de maio de 2014.

Contido da resolución: procedemento de reintegro total.

Data da resolución: 12.6.2017.

2. Nº de expediente de reintegro: Reint. 2016/104-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2014/176-5.

Nome: Vidal Barreiro, Rosa Mª.

NIF: 35457042N.

Último enderezo coñecido: avenida Vilar, nº 26 baixo, Vilalonga, 36990 Sanxenxo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 14 de maio de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 12.b), da devandita Orde do 14 de maio de 2014.

Contido da resolución: procedemento de reintegro total.

Data da resolución: 12.6.2017.

3. Nº de expediente de reintegro: Reint. 2016/106-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2014/489-5.

Nome: Campos Barciela, José.

NIF: 36095076A.

Último enderezo coñecido: avenida García Barbón, nº 90, 1º D, 36201 Vigo (Pontevedra).