Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de incoación do expediente IN635C 2017/79-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos/as interesados/as que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os/as interesados/as son informados/as de que os expedientes están á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 12 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN635C 2017/79-1.

Interesada: Uniber García Añón, S.L.

CIF: B15697857.

Acto de notificación: incoación de expediente sancionador.

Concello: Cambre.

Expediente: IN635C 2017/87-1.

Interesada: Auto Continental de Vehículos, S.L.

CIF: B15397606.

Acto de notificación: incoación de expediente sancionador.

Concello: Ames.