Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 4 de xullo de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00537-O-2017 e seis máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-00537-O-2017 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00537-O-2017

5435-DCJ

Empresa Sánchez, S.L.

B15025711

A carencia de cambio de moeda metálica ou billetes, ata a cantidade regulamentariamente establecida.

23.1.2017; 17.7; 550; 80,5

Art. 142.13 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00560-O-2017

9530-HKV

Autocares Ferma, S.L.

B70351572

A falta de comunicación de calquera dato ou circunstancia que deba figurar no Rexistro de Empresas e Actividades de Transportes ou que exista obriga por outra causa de poñer en coñecemento da Administración, cando non deba reputarse infracción moi grave de conformidade co disposto no artigo 140.16.

31.1.2017; 8.35; N550; 7,0

Art. 142.18 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00647-O-2017

4935-CVW

Transportes Enjamio, S.L.

B70129226

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

13.11.2016; 16.33; N-634; 666,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00649-O-2017

4935-CVW

Transportes Enjamio, S.L.

B70129226

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

13.11.2016; 16.20; N-634; 666,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00798-O-2017

2420-FGV

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

Realizar transporte regular de viaxeiros de uso especial, sen levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestalos ou que resulte exixible para a determinación da clase de transporte que se está realizando.

17.2.2017; 9.40; AC190; 1,1

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-00799-O-2017

2313-GPL

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

Realizar transporte regular de viaxeiros de uso especial, sen levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestalos ou que resulte exixible para a determinación da clase de transporte que se está realizando.

17.2.2017; 9.40; AC190; 1,1

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-00801-O-2017

1466-JCC

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

Realizar transporte regular de viaxeiros de uso especial, sen levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestalos ou que resulte exixible para a determinación da clase de transporte que se está realizando.

17.2.2017; 9.40; AC190; 1,1

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros