Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 169/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 169/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio García Couselo contra Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Juan Antonio García Couselo solicitou a execución da Sentenza nº 217/2016, do 15.7.2016, ditada no procedemento DOI 409/16, fronte a Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Fogasa.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional de xulgar e facer executar o xulgado corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 CE e artigo 2 LOPX).

O artigo 237.2 LXS establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo o órgano xudicial que coñecese do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada, tramitarase de oficio, para o cal se ditarán as resolucións necesarias (artigo 239 LXS).

Terceiro. Transcorrido o termo establecido no artigo 279 LXS 138.8 LXS, sen que conste que a empresa demandada readmitise o traballador no prazo e nas condicións legalmente previstos, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 LXS, despachar execución do resolto na sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Juan Antonio García Couselo fronte a Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión das infraccións cometidas na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017.

Tendo presentado o traballador Juan Antonio García Couselo escrito en que exixe o cumprimento polo empresario Nogasa Servicios y Obras S. A., e o Fogasa, da obriga de readmisión, e unha vez despachado auto de execución de título xudicial, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer. Fixo o próximo día 26.9.2017, ás 13.45 horas, para a comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste da súa solicitude; de non asistiren o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado por medio de edictos, xa que se encontra en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nogasa Servicios y Obras, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza