Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34879

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (649/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 649/2015 por instancia de María Blanco Conde contra a empresa Sumtec, S.L., o seu administrador concursal, as empresas Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianvier Sociedad de Inversiones, S.L. e Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida), e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato e cantidade, nos cales se ditou sentenza o 19.4.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por María Blanco Conde fronte a Sumtec, S.L., o seu administrador concursal, Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianvier Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguida a relación laboral que unía a traballadora coa empresa Sumtec, S.L., con dereito á indemnización fixada no auto ditado polo Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, do 27 de xaneiro de 2016, confirmado pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 28 de xuño de 2016, vinculando tales cantidades ao administrador concursal de Sumtec, S.L.

– Absólvense Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianvier Sociedad de Inversiones, S.L. das pretensións fronte a elas exercidas.

– Condénase Sumtec, S.L. a aboar a María Blanco Conde a cantidade de vinte e un mil trescentos setenta e cinco euros con vinte e oito céntimos de euro (21.375,28 euros) en concepto de salarios debidos.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianvier Sociedad de Inversiones, S.L. e Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida) expido e asino a presente.

A Coruña, 29 de xuño de 2017

A secretaria xudicial