Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34625

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (503/2014).

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

PO. Procedemento ordinario 503/2014

Demandante: Manuel Coira Lorenzo

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandados: Fondo de Garantía Salarial e Construcciones Rafra, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 503/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Coira Lorenzo contra Construcciones Rafra, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo integramente a demanda presentada por instancia de Manuel Coira Lorenzo contra Construcciones Rafra, S.L. e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 12.901,12 euros polos conceptos indicados máis o 10 % do xuro por demora no pagamento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza