Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 51/78 e tres máis).

Na sesión celebrada polo Xurado o día 21 de xuño de 2017 figuran os seguintes acordos:

Monte Serra das Dúas Pequenas, Cubas, Valdemoitos e San Roque (expediente 51/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilalpape, do concello de Bóveda, clasificado polo Xurado con data do 17 de decembro de 1979, e monte Val de Agueiros, O Chao, Os Trollos, Monterredondo, A Silla, Camiño Branco e outros (expediente 50/78), pertencente aos veciños da parroquia de Ver, no termo municipal de Bóveda, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 17 de decembro de 1979. Con data do 15 de febreiro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Mario Casar Fernández e José María González Rodríguez, como presidentes das comunidades de Vilalpape e Ver, respectivamente, achegando un acordo de deslindamento por avinza practicado entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 10 de febreiro de 2017, ante o Xulgado de Paz de Bóveda; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 26 de abril de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 13/17). O monte de Vilalpape queda cunha superficie final de 87,1 hectáreas, e o monte de Ver cunha superficie de 187,4 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Serra de Peites (expediente 120/76), pertencente aos veciños do lugar de Peites da parroquia de Peites, do concello de Ribas de Sil, clasificado polo Xurado con data do 28 de novembro de 1977, e monte de Casares (expediente 119/76), pertencente aos veciños do lugar de Casares da parroquia de Peites, no termo municipal de Ribas de Sil, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 28 de novembro de 1977. Con data do 28 de decembro de 2016, ten rexistro de entrada escrito de Carlos López Álvarez, como presidente da comunidade de Peites, achegando un acordo de deslindamento por avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 21 de novembro de 2016, ante o Xulgado de Paz de Ribas de Sil; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 20 de marzo de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 50/16). O monte Serra de Peites queda cunha superficie final de 367,2 hectáreas, e o monte de Casares cunha superficie de 47,7 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 29 de xuño de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo