Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 22/77 e catro máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión do 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 21 de xuño de 2017 figuran os seguintes acordos:

Monte de Quintá (expediente 22/77) e monte Fial, Penamaría e outros (expediente 29/92), pertencentes aos veciños da parroquia de Noceda, do concello do Incio, clasificados polo xurado os días 31 de marzo de 1978 e 16 de novembro de 1992, respectivamente. Con data do 19 de decembro de 2016 entra escrito presentado por Manuel López Álvarez, como representante da comunidade, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 6 de febreiro de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novos esbozos para os montes Quintá e Fial, Penamaría e outros (nº 46/16), quedando o monte de Quintá cunha superficie de 11,4 hectáreas, e o monte Fial, Penamaría e outros cunha superficie de 69,4 hectáreas de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación dos esbozos aos expedientes, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Vilamaior de Negral (expediente 111/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilamaior de Negral, do concello de Guntín, clasificado polo xurado con data do 28 do de novembro de 1977. Con data do 20 de decembro de 2016 entra escrito presentado por Demetrio Rodríguez Cobreiro, como representante da comunidade, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 25 de abril de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Vilamaior de Negral (nº 47/16), quedando o monte cunha superficie de 533,9 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Serra das Dúas Pequenas, Cubas, Valdemoitos e San Roque (expediente 51/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilalpape, do concello de Bóveda, clasificado polo xurado con data do 17 de decembro de 1979. Con data do 3 de xaneiro de 2017 entra escrito presentado por Mario Casar Fernández, como representante da comunidade, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 2 de maio de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Serra das Dúas Pequenas, Cubas, Valdemoitos e San Roque (nº 1/17), quedando o monte cunha superficie final de 90,8 hectáreas (tendo en conta o deslindamento por avinza practicado coa parroquia de Ver), de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Serra de Regulfe, Veiga, Serra de Outeiro, Serra de Couto e outros (expediente 45/78), pertencente aos veciños da parroquia de Martín, do concello de Bóveda, clasificado polo Xurado con data do 17 de decembro de 1979. Con data do 3 de febreiro de 2017 entra escrito presentado por Manuel Rodríguez Fernández, como representante da comunidade, no cal solicita, á parte da ampliación da clasificación, que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que adxunta. Con data do 24 de marzo de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Serra de Regulfe, Veiga, Serra de Outeiro, Serra de Couto e outros (nº 5 bis/17), quedando o monte cunha superficie de 396,7 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no punto 3 da disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 29 de xuño de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo