Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2017/7-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previas e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS BBA801, BBA803, VLL804-Ramón Puga.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

Ampliación LMT saída BBA803: LMT subterránea a 20 kV de 786 m, con orixe na LMT do CT Saínza (32C685) e remate na LMTS ao CT Saínza II (32C690), desconectando os CT Sanidade, avda. Zamora 1, Bonhome 24, Nsa. Sra. da Saínza e Portalón do Casar, da LMT BBA801.

LMT subterránea a 20 kV de 373 m, con orixe na LMT existente BBA1 da subestación Barbaña e remate no CS Residencia I (32CB5).

LMT subterránea a 20 kV de 95 m, con orixe no CS Residencia II e remate no CS Residencia I, conexión dos CC.SS.

LMT a 20 kV de 95 m, con orixe no CS Residencia II e remate na LMT ao CT Ramón Puga, conexión coa LMT VLL804.

Reforma e adecuación dos CC.SS Residencia II (32CCX0), Residencia I (32CBC5) e Rairo (32C5671), coa instalación das correspondentes celas en SF6, telecontroladas.

Orzamento: 217.255,36 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 27 de xuño de 2017

Santiago Álvarez González
xefe territorial de Ourense