Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Lence, no concello do Corgo (expediente 002/2017 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMT, CT e RBT Lence.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión a 20 kV cunha lonxitude de 1.158 m con orixe na celosía metálica nº 65-10 proxectada en substitución do apoio de formigón existente da mesma numeración, correspondente á liña de media tensión CRG804 (Sarria 4) procedente da subestación Corgo, no seu tramo entre os centros de transformación existentes Samprizón (27AK42) e Marei II (27A604), condutor tipo LA-56 e final no centro de transformación intemperie proxectado.

2. Centro de transformación 100/24/20 B2 intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

3. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 309 m, con orixe no centro de transformación proxectado, condutor tipo XZ1 e final na rede existente de baixa tensión.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013 levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº 002/17 AT.

Concello: O Corgo.

Provincia: Lugo.

LMT, CT e RBT Lence (O Corgo).

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

m2

ml aér.

m2 aér.

1

123

105

Os Trolleiros

Prado

Jesús Gude Núñez

Marei, nº 10, 27164 O Corgo, Lugo

0 (1/2)

1.0

1.0

12.0

2

123

106

Os Trolleiros

Prado

Julio Núñez Dacal

Marei, nº 8, 27164 O Corgo, Lugo

0 (1/2)

1.0

79.0

777.0

5

123

35

Os Trolleiros

Prado

Hros. de Manuel Mera Villa

Repr.: Darío Mera Castro

Marei, nº 13, 27164 O Corgo, Lugo

2 (1/2)

1.0

43.0

422.0

7

123

31

Leiro Marei

Prado

José Luis Tomé Fouce

Marei, s/n, 27164 O Corgo, Lugo

16.0

156.0

8

123

277

A Cortiña

Prado

Julia Prieto Montes

Marei, s/n, 27164 O Corgo, Lugo

18.0

182.0

9

123

38

Prado Novo

Prado

Hros. de Román Prieto

Repr.: Miguel Prieto Fouce

Marei, s/n, 27164 O Corgo, Lugo

3

2.0

42.0

410.0

10

123

36

Prado Novo

Labor

Jesús Gude Núñez

Marei, nº 10, 27164 O Corgo, Lugo

22.0

13

123

22

Prado Novo

Prado

José Luis Tomé Fouce

Marei, s/n, 27164 O Corgo, Lugo

30.0

279.0

14

123

20

Prado Novo

Prado

José Luis Tomé Fouce

Marei, s/n, 27164 O Corgo, Lugo

17.0

15

123

10

Prado Novo

Prado

Hros. de Manuel Mera Castro

Repr.: Darío Mera Castro

Marei, nº 13, 27164 O Corgo, Lugo

4

2.0

92.0

886.0

16

123

14

Prado Novo

Prado

Yolanda Rodríguez Sánchez

Marei, s/n, 27164 O Corgo, Lugo

34.0

19

111

54

Sucuíñas

Prado

Julio Núñez Dacal

Marei, nº 8, 27164 O Corgo, Lugo

39.0

392.0

20

111

52

Cortiñeiro

Prado

Lucía Fouce López

R/ Valencia, nº 148-152, 4ª, 2º, 08011 Barcelona

35.0

351.0

21

111

55

Sucuíñas

Prado

Hros. de Manuel Mera Castro

Repr.: Darío Mera Castro

Marei, nº 13, 27164 O Corgo, Lugo

4.0

40.0

22

111

51

Bouza

Monte alto e prado

Julio Núñez Dacal

Marei, nº 8, 27164 O Corgo, Lugo

5, 6 (1/2)

3.0

96.0

981.0

24

124

134

O Cazapal

Monte alto e prado

Manuela Díaz Folgueira

Marei, s/n, 27164 O Corgo, Lugo

42.0

479.0

28

124

185

Leiro dos Chantos

Prado

Yolanda Rodríguez Sánchez

Marei, s/n, 27164 O Corgo, Lugo

SXS

8.0

29

124

184

Cortiña da Taberna

Prado

José Chousa Jacob

O Souto, Marei, nº 4, 27164 O Corgo, Lugo

SXS

8.0