Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo, na subestación de Barreiros, no concello de Barreiros (expediente 004/2016 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo, na subestación de Barreiros.

Solicitante: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: Isabel Torres 25 (PCTCAN), 39011 Santander.

Finalidade: conexionar a LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo coa subestación Barreiros.

Características técnicas principais:

1. Liña de alta tensión aérea a 132 kV, cunha lonxitude de 1.047 m en condutor LA-280, dobre circuíto con configuración simplex e cable de comunicación OPGW 48 F, sobre apoios metálicos, con orixe na futura subestación Barreiros e final no apoio P4 proxectado entre os apoios 73 e 74 da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, Lugo), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000), e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de xullo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Parcela nº

Ref. catastral

Lugar

Concello

Propietario

Tipo de cultivo

Afección

Accesos

Apoio

Voo

Pol. nº

Parc. nº

Nome, apelidos e enderezo

Superficie ocupada m2

Lonxitude m

Superficie afectada m2

Lonxitude m

Superficie afectada m2

18

65

166

Lombo da Casa

Barreiros

Monte Comunal San Cosme de Barreiros, 27790 Barreiros (Lugo)

MA

 

 

90

2.718