Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 10 de xullo de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade e concesión dun establecemento de cultivos mariños.

Visto o expediente de cambio de titularidade da granxa mariña que Insuiña, S.L. ten no lugar de Ardia, O Grove (Pontevedra), resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 30 de maio de 2017, Rafael Prieto Rodríguez (35284482K), en nome e representación de Insuiña, S.L. (B36021954), solicitou autorización para a transmisión da granxa mariña situada en Ardia, O Grove (Pontevedra).

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. No expediente consta a seguinte documentación, referida ao resultado da información oficial.

Informes do 15 de febreiro de 2002 e do 31 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, sobre a concesión dunha superficie de 482,00 metros cadrados de bens de dominio público marítimo-terrestre.

Informe técnico-biolóxico favorable do biólogo da Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa do 56 de xullo de 2017.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); coa Resolución do 5 de xuño de 2017, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería do Mar. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm.110, do 9 de xuño).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Nueva Pescanova Biomarine Center, S.L. (B94151719), do permiso de actividade e concesión administrativa do establecemento que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: granxa mariña.

Nome: Insuiña, S.L.

Localización: Ardia, O Grove (Pontevedra).

Data de outorgamento do permiso de actividade: 24.4.1984 (DOG núm. 87, do 3 de maio).

Vixencia: 24.4.2024.

Superficie de dominio privado: 17.417,88 m2.

Superficie de dominio público marítimo-terrestre: 482,00 m2.

Actual titular: Insuiña, S.L. (B36021954).

Nova titular: Nueva Pescanova Biomarine Center, S.L. (B94151719).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular do permiso de actividade e da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de xullo de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo