Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de xullo de 2017 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade de autorización temporal de atracada co número P06/010A das instalacións náutico-deportivas do porto de Cangas.

Con data do 15 de xuño de 2017, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.1.b) do decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou incoar expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da cal é titular Alberto Fernández Rodríguez.

A instrución recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para os efectos deste expediente en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela. O seu réxime de abstención e recusación é o consignado nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente, sito na rúa Xosé Alexandre Cribeiro, 10, 2º B, de Cangas, provincia de Pontevedra, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifíquese mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente incóase pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento en período executivo as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes aos exercicios de 2011, 2012, 2013, 2014, 2015 e primeiro semestre de 2016.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións perante o instrutor designado no expediente; para estes efectos, outorgarase un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Boletín Oficial del Estado.

De acordo co artigo 40.1.c) do Decreto 130/2013, de efectuarse o aboamento das liquidacións pendentes en vía de constrinximento antes de que se dite resolución que poña fin ao expediente, procederase ao seu arquivamento. Para proceder a aboar as ditas cantidades, poderase poñer en contacto co Departamento de Contabilidade e Tesouraría de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 41.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia