Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo relativo á atención ao alumnado en réxime de internamento e outros servizos auxiliares na residencia do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), integrado nesta axencia, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: atención ao alumnado en réxime de internamento e outros servizos auxiliares que se prestarán no edificio de residencia do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, cuxa actividade principal é o aloxamento dos alumnos matriculados no centro en réxime de internamento.

Prazo de execución: o prazo estimado do contrato será de 10 meses, que empezan a contar o 1 de setembro de 2017 e rematan o 23 de xuño de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Como unidade de cálculo terase en conta o prezo por hora de servizo.

Importe sen IVE: 8,64 €.

IVE (21 %): 1,81 €.

Importe total, IVE incluído: 10,45 €.

Importe máximo contrato principal: 56.401,92 € (IVE excluído).

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=182055

Información sobre a contratación:

Teléfono: 981 54 02 75.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo é sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata ou primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia