Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34121

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 462/2017 MRA).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 462/2017 desta sección, seguido por instancia de José Ángel Pérez Pereira contra Fogasa, Novanam Limited, Pescanova, S.A., Skeleton Coast Trawling Pty Lda. (Pescamar Ltda.), Nueva Pescanova, S.L., Pesquerías Belnova, S.A. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola demandante contra a Sentenza do 8 de novembro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo no procedemento 568/2016, declaramos a nulidade da sentenza impugnada e de todas as actuacións posteriores, mandamos repor os autos ao momento anterior ao seu ditado e devolvemos os autos ao xulgado de instancia co fin de que a xulgadora, con absoluta liberdade de criterio e plena xurisdición, dite nova sentenza.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito, e para que produza os efectos oportunos, expido este edicto, que asino na Coruña o 22 de xuño de 2017. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Novanam Limited, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza