Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34123

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1204/2012).

Eu, Carlota Fernández Ambros, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, fago saber que se ditou sentenza no xuízo ordinario número 1204/2012, do 30 de maio de 2016, en que é demandante Panificadora Los Ángeles de Durán, S.L. e demandados Geshostel Cátering, S.A. e Suma Servicios Hostelería, S.L.

Desa sentenza o interesado poderá ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de vinte días desde o día seguinte ao da súa notificación (artigo 458.1 e 2 da LAC).

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Geshostel Cátering, S.L., e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza