Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34138

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (246/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 246/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones y Reformas Mafer, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 246/2015, en que son parte, como demandante, a Fundación Laboral de la Construcción, asistida polo letrado Sr. Núñez Fernández e, como demandada, Construcciones y Reformas Mafer, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción fronte a Construcciones y Reformas Mafer, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 451,54 euros, incluído o 20 % de xuro por demora, con condena ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a que non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Reformas Mafer, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza