Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, dáse publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: gasto menor.

2. Obxecto do contrato:

a) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do bombeo de augas residuais en Santa Marta. Baiona (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.17001.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 3.333,65 euros. Importe total: 4.033,72 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da oferta: importe neto: 3.300,00 euros. Importe total: 3.993,00 euros.

Empresa: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L.

b) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do saneamento e depuración de augas residuais en Lavandeira. Cabanas (A Coruña).

Clave do expediente: GA.17002.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 7.609,15 euros. Importe total: 9.207,07 euros.

Prazo de execución: 9 meses.

Importe da oferta: importe neto: 7.585,00 euros. Importe total: 9.177,85 euros.

Empresa: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L.

c) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da renovación da rede de abastecemento en Baamonde. Begonte (Lugo).

Clave do expediente: GA.17006.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 17.556,01 euros. Importe total: 21.242,77 euros.

Prazo de execución: 8 meses.

Importe da oferta: importe neto: 14.000,00 euros. Importe total: 16.940,00 euros.

Empresa: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

d) Título: servizo de control arqueolóxico da obra de mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento en Palas de Rei. Palas de Rei (Lugo).

Clave do expediente: GA.17010.

CPV (referencia de nomenclatura): 71351914-3.

Orzamento base: importe neto: 3.450,00 euros. Importe total: 4.174,50 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 2.000,00 euros. Importe total: 2.420,00 euros.

Empresa: Manuel García Valdeiras.

e) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da renovación da condución de abastecemento na avenida Buenos Aires. Mondoñedo (Lugo).

Clave do expediente: GA.17011.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 7.019,18 euros. Importe total: 8.493,21 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 3.860,54 euros. Importe total: 4.671,25 euros.

Empresa: Esinpro Ingeniería, S.L.

f) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da obra hidráulica de abastecemento a Restande e Monzo. Fase II. Trazo (A Coruña).

Clave do expediente: GA.17015.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 13.528,38 euros. Importe total: 16.369,34 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta: importe neto: 9.990,00 euros. Importe total: 12.087,90 euros.

Empresa: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

g) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución das obras de mellora do abastecemento de Corvelle. Bande (Ourense) e mellora do abastecemento de auga aos núcleos da parroquia de San Martiño. Verea (Ourense).

Clave do expediente: GA.17017.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 17.160,13 euros. Importe total: 20.763,76 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 12.000,00 euros. Importe total: 14.520,00 euros.

Empresa: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

h) Título: apoio técnico na redacción do proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga de Castro de Rei. Fase 1. Castro de Rei (Lugo).

Clave do expediente: GA.17028.

CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6.

Orzamento base: importe neto: 17.671,50 euros. Importe total: 21.382,52 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta: importe neto: 12.800,00 euros. Importe total: 15.488,00 euros.

Empresa: Egis Eyser, S.A.

i) Título: apoio técnico na redacción do proxecto de melloras na estación depuradora de augas residuais de Outes. Outes (A Coruña).

Clave do expediente: GA.17032.

CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6.

Orzamento base: importe neto: 8.330,00 euros. Importe total: 10.079,30 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta: importe neto: 7.000,00 euros. Importe total: 8.470,00 euros.

Empresa: Egis Eyser, S.A.

j) Título: apoio técnico na redacción do proxecto do novo sistema de saneamento en depuración en Pedre. Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.17033.

CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6.

Orzamento base: importe neto: 17.909,50 euros. Importe total: 21.670,50 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta: importe neto: 17.909,50 euros. Importe total: 21.670,50 euros.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) cofinanciaraas a Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible cofinanciarano Augas de Galicia nun 17,50 % e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de Desenvolvemento Rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia