Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 19 de xuño de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Zulema.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Zulema e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 10 de maio de 2017, Juan Manuel Iglesias Moroño solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión e da batea Zulema.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Resolución de 5 de xuño de 2017 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería do Mar.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Francisco Javier Iglesias Cores (35464681S), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Zulema.

Situación:

Cuadrícula nº: 113.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 24.6.1994.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Juan Manuel Iglesias Moroño (35417043X).

Novo titular: Francisco Javier Iglesias Cores (35464681S).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 19 de xuño de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo