Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de xuño de 2017 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/178/2016-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren as persoas destinatarias ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 12 de maio de 2017, ditou resolución pola que se declara que son executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica as obras que se levan a cabo no lugar do Seixidal (Tuimil), parroquia do Sequeiro, no termo municipal de Valdoviño, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Julio Manuel Caruncho Pena e a M.ª Verónica Martínez Rivera, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística