Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33856

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (F02 243/2016).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Ortigueira, 12 de xuño de 2017

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, os presentes autos de xuízo verbal de medidas paternofiliais rexistrados co número 243/2016, en que interviñeron, como demandante, Tamara López Bellón, asistida do letrado Jaime Luis Bouza López e representada pola procuradora Ana Isabel Fernández Álvarez, e como demandado, Aitor Nogueira Bautista, declarado en rebeldía procesual

Resolvo:

Que, estimando totalmente a demanda presentada pola procuradora Ana Isabel Fernández Álvarez, en nome e representación de Tamara López Bellón, se acorda a adopción das seguintes medidas persoais e patrimoniais para o fillo menor de idade:

1º. A patria potestade do fillo menor de idade será compartida por ambos os dous proxenitores.

2º. A garda e custodia do fillo menor de idade será exercida pola nai.

3º. O pai terá un réxime de visitas consistente en fins de semana alternas. O fillo menor de idade será recollido polo pai no domicilio da nai e pernoitará na casa da nai. O fillo menor de idade poderá pernoitar na casa do pai cando se afaga á presenza do pai e sexa maior. Para levar a efecto este réxime de visitas os proxenitores poranse de acordo para adecualas ás exixencias da actividade laboral do pai.

As vacacións estivais e de Nadal dividiranse por metades entre o pai e a nai, adecuándose ao calendario laboral do pai.

4º. O pai deberá aboar unha pensión de alimentos a favor do seu fillo menor de idade de 240 euros mensuais, que deberá ingresar nos cinco primeiros días de cada mes nunha conta aberta a nome do fillo menor de idade. Esta pensión actualizarase incrementándose na proporción en que o faga o IPC xeral publicado polo INE.

Os gastos extraordinarios pagaranos por metade ambos os dous proxenitores. Dentro deles inclúense os gastos médicos non cubertos polo sistema sanitario e as clases particulares ou de apoio que no futuro poida precisar o fillo menor de idade.

Non se fai expresa imposición de custas a ningunha das partes.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Aitor Nogueira Bautista, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Ortigueira, 22 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza