Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 5/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 5/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Padín Grande e María Luisa Cacabelos Padín contra Alimentación Projoscar, S.L., sobre despedimento, ditáronse dilixencias de ordenación de data 13.1.2017 e 24.1.2017 (recorribles no prazo de tres días) e o despacho de execución 151/16 (recorrible en reposición no prazo de tres días) as cales se encontran á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alimentación Projoscar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza