Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33862

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 658/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 658/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Orlando Iglesias Barcala contra a empresa Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Fogasa, Nueva Línea Iglesias, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución:

Estimo a demanda interposta por Orlando Iglesias Barcala fronte á empresa Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., e fronte a Nueva Línea Iglesias, S.L., declaro improcedente o despedimento do traballador demandante e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente as empresas demandadas a que o readmitan nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios deixados de percibir ou, á súa elección, a que lle aboen unha indemnización de 51.074,10 euros (salvo erro aritmético). O salario regulador diario é de 49,13 euros.

Con intervención do Fogasa.

A opción deberase exercer mediante escrito ou comparecencia na secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou pola indemnización, entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, deberá consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, aínda que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza