Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial, con condicións, do Plan parcial SUD-5 (expediente FG 599).

Mediante Resolución desta alcaldía nº 2664, do 3 de xullo de 2017, acordouse aprobar inicialmente, con condicións, o Plan parcial sector SUD-5 Icaria IV, en Perillo (documento nº 11300, do 6 de xuño de 2017).

De conformidade co artigo 186 do Decreto 143/2016, Regulamento da Lei do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 4 de xullo de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde presidente