Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatorias para a provisión de prazas de fucionarios de carreira.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 127, con data do 6 de xullo de 2017, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 12 de xuño de 2017, relativas ás seguintes convocatorias:

– 2 prazas de técnico medio de Administración xeral (persoal funcionario de carreira), C. E. 8/15.

– 2 prazas de oficial da policía local, C. E. 9/15. (1 praza por promoción interna, concurso-oposición e 1 por concurso para mobilidade) (persoal funcionario de carreira).

– 1 praza de inspector da policía local, C. E. 11/15. (Promoción interna, concurso-oposición) (persoal funcionario de carreira).

– 3 prazas de técnico de Administración xeral (persoal funcionario de carreira), C. E. 1/16.

– 1 praza de licenciado en Dereito (persoal funcionario de carreira), C. E. 2/16.

– 1 praza de técnico de apoio social (persoal funcionario de carreira), C. E. 3/16.

– 1 praza de técnico superior de Administración especial (persoal funcionario de carreira), C. E. 4/16.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio das convocatorias no Boletín Oficial del Estado.

Estas convocatorias e a súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director da Área de Economía, Facenda e Administración