De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 de la citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1, 5, baixo, de Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017
Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
Expediente: 15R001-205-2016.
Interesada: Global Shop Online, S.L.
CIF/NIF: B45785250.
Acto notificado: resolución de expediente.